jueves, mayo 07, 2009

A SECCION SINDICAL DE CCOO DIANTE DO III CONVENIO COLECTIVO


A Sección sindical de CCOO da UDC, diante do remate da negociación do III Convenio Colectivo para persoal laboral, quere comunicar en relación co proceso e previsible desenlace, a nosa valoración da situación, que transcribimos a continuación.

En primeiro lugar, participamos activamente no proceso de negociación do III Convenio Colectivo. Consecuentes coa posición que fixemos pública durante a campaña electoral, asumimos unha posición de responsabilidade para facilitar unha saida a unha situación lamentable do persoal laboral, e moi particularmente da metade do cadro de persoal en situación de interinidade. Por esa razón, limitámonos a facer achegas na liña do noso programa, fuxindo de calquera polémica ou enfrontamento.

En segundo lugar, seguiremos nesa mesma liña, e por iso apoiaremos a sinatura do Convenio colectivo por razóns de responsabilidade e coherencia. Somos conscentes de que os procesos negociadores teñen que conducir a acordos, senón son inútiles, pero considerámonos na obriga de facer públicas as nosas posicións, desde o máximo respeto as posicións do resto dos compañeiros, para que sexan coñecidas.

Con estas premisas, temos que compartir todos e todas vós a seguintes reflexións críticas:

Primeira

Os resultados positivos do III Convenio, concrétanse básicamente en dous aspectos

a) Incremento salarial, que coa que está chovendo, non se pode considerar malo.

b) Mellora na valoración dos servizos prestados para o persoal interino, únicamente para a próxima convocatoria.

c) Algunhas puntualizacións garantistas en materia de listas de agarda.

Segunda

Malia que o proceso de negociación durou xa bastante tempo, quedaron problemas importantes sin resolver, dos cales enumeramos algúns e dos cales iremos dando conta pormenorizada en seguintes comunicados, coa nosa posición ao respecto:

- Disposición Transitoria Segunda, que queda tal e como estaba sin avances na resolución do problema de fondo que sigue sendo un escollo para avanzar.

- Un tema de interese como é o da xubilación parcial, ainda que foi tratado, non se conseguiu acadar acordos, o que deixa a situación a criterio da negociación individual.

- Quedou tamén pendiente de mellora dos permisos para conciliación da vida laboral e familiar, plans de igualdade etc.

- Tamén quedou pendiente a regulación dos grupos profesionais acorde coas previsións do EBEP.

- Renúnciase a negociar un proceso de funcionarización, desaparecendo como obxectivo do Convenio, en prexuizo dunha parte importante do cadro de persoal.

Seguiremos informando sobre estas e outras cuestións.

Agradecemos dúbidas e suxestións. ¡Queremos axudar!.

Etiquetas:


Comments: Publicar un comentario



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?