martes, febrero 13, 2007

CC.OO. denuncia o incumprimento do convenio colectivo do PDI-L

CCOO DENUNCIA INCUMPRIMENTO DO ADICIONAL 2ª DO CONVENIO COLECTIVO DO PDI LABORAL DO SISTEMA UNIVERSITARIO GALEGO


O día 8 de febreiro a Secretaria Xeral da F.E. de CC.OO. Rosario Alonso Fernández presentou un escrito de denuncia de incumprimento do Convenio Colectivo do PDI laboral do Sistema Universitario Galego, formulando reclamación previa polo concepto da acción declarativa de conflito colectivo contra a Conselleria de Educación e as 3 Universidades Galegas.

Desde CCOO entendemos que a Disposición Adicional Segunda supón un claro caso de adhesión por parte do persoal investigador no Convenio Colectivo para o persoal docente e investigador laboral das Universidades de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. Adhesión que deberia estar cumprida con data 31 de decembro do 2006.

Polo tanto, dado que se cumpriron todos os trámites legais e formais e que se está a incumplir a devandita Disposición Adicional Segunda solícitase a aplicación do Convenio ó persoal investigador con efectos do 31 de decembro de 2006.

Esta demanda foi presentada debido a falta de unidade sindical á hora de esixir o cumprimento da Adicional Segunda por parte das Universidades que cunha clara actitude obstrucionista queren adiar a regulación dos dereitos destes traballadores ou trasladar a sua negociación a marcos que estén fora do propio Convenio Colectivo.

CC.OO. mantén en razón da sua coherencia a defensa da incorporación do persoal investigador no convenio tal como foi manifestada desde a primeira reunión do Convenio Colectivo, do mesmo modo que sempre consideramos que este Convenio supuña un gran avance para os colectivos que viñan acollidos dentro do seu ámbito non podemos permitir que haxa colectivos que queden laboralmente desregularizados.

Por outra banda, desde CCOO manifestamos que non estamos dispostos a que colectivos de traballadores se queden fora dos censos eleitorais e vearemos porque os dereitos inalienables de todos os traballadores/as a estar representados nos órganos de representación sindical non sexan cercenados.

Etiquetas:


miércoles, febrero 07, 2007

Constitución da Mesa Sectorial de Universidades

O 2 de febreiro constituíuse a Mesa Sectorial de Universidades de Galicia na que están representados a Consellería de Educación, as Universidades e os sindicatos mais representativos do sector. Con este proceso dáse cumprimento a unha reivindicación histórica das organizacións sindicais de constitución deste marco de negociación.

A composición da parte social da Mesa é 7 representantes de CIG, 4 CC.OO., 3 UGT e 1 CSIF.

Ademais de saudar a constitución da Mesa CC.OO. presentou un escrito da Secretaria Xeral da FE de CC.OO. Rosario Alonso Fernández cunha proposta de temas para elaborar un calendario de negociación que, desde o punto de vista de CC.OO. entendemos, se deben abordar coa maior premura na Mesa Sectorial de Universidades:


1-Renegociación do Decreto 55/2004 sobre complementos adicionais da Xunta de Galicia.


2-Abordar a situación dos profesores contratados LRU e colaboradores logo da modificación da LOU.


3-Negociación de Plans de xubilación para o persoal das universidades.


4-Negociación do establecido na Adicional Terceira do I Convenio Colectivo do PDI laboral do SUG respecto a elaboración dun réxime específico para o persoal investigador suxeito a programas convocados pola Xunta de Galicia.


5-Negociación dun Acordo de Formación de Acción Social para todo o persoal das universidades.


6-Apertura de negociacións de complementos autonómicos para o PAS.


7-Negociación do establecido da Adicional Primeira do I Convenio Colectivo do PDI laboral do SUG sobre a posta en marcha dos sistemas de recoñecemento dos complementos por mérito docente e de productividade investigador a aplicar a partir do 2008 para o profesorado contratado.


8-Apertura de procesos de negociación respecto a selección de persoal investigador nas convocatorias da Xunta para unha mellor transparencia así como os criterios de adxudicación de proxectos ou outras convocatorias.


Logo da sinatura de constitución da Mesa acordouse unha data para a convocatoria da vindeira Mesa na que se elaboraría unha orde do día con temas de negociación que ademais dos aportados por CC.OO. se poideran aportar por parte das organizacións sindicais quedando, por acordo de todos os presentes, para o día 26 de febreiro ás 11.30 horas na Consellería de Educación.

Etiquetas:


This page is powered by Blogger. Isn't yours?