miércoles, mayo 30, 2007

Oposicións Axudantes de Bibliotecas: Publicación no DOG do tribunal

Hoxe, mércores 30 de maio de 2007, publicouse no DOG a composición do tribunal que xulgará as probas selectivas, tanto na quenda libre como de promoción interna para o ingreso na Escala de Axudantes de Arquivos, Bibliotecas e Museos da Universidade da Coruña.

Texto do DOG

Etiquetas:


martes, mayo 15, 2007

Recoñecemento de trienios ao persoal interino

CC.OO. informa:

No DOG de onte, 14 de maio, a Consellería da Presidencia publicou unha orde, baseándose na entrada en vigor do Estatuto Básico do Empregado Público, na que se recoñecen os trienios do persoal interino da Xunta de Galicia, con mesmo réxime que os recoñecidos para os funcionarios de carreira.

Texto da orde

CC.OO. xa manifestou a Xunta de Persoal Funcionario a conveniencia de solicitar este recoñecemento para o persoal interino da UDC na vindeira reunión coa Xerencia, xa que actualmente existe un complemento igualatorio, que é mais restrictivo que a nova lexislación.

Etiquetas:


O Estatuto básico non reduce beneficios

CC.OO. informa:

Con motivo das confusións que se poden dar ao entrar en vigor o novo Estatuto Básico do Empregado Público (como pasou co tema dos días adicionais de vacacións), enviamos unha
nota de prensa do MAP, que pensamos é bastante aclaratoria sobre o asunto.

Nota de prensa

Con respecto aos días de vacacións adicionais por anos de servizo, ademais do que dí a Lei de función Pública de Galicia, o xerente da UDC asinou unha resolución que regula o tema, negociada coa Xunta de Persoal, que entendemos sigue vixente (posto que non temos noticias do contrario e segue publicada no apartado de normativa da web da UDC), onde se contempla un día mais de vacacións adicionais do que di a lei 4/88 (por 35 anos de servizo).

Etiquetas: , ,


miércoles, mayo 09, 2007

Pas laboral: resumo xuntanza co xerente


RESUMO DA XUNTANZA MANTIDA POLO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA COA XERENCIA O DIA 4 DE MAIO DE 2007


A xuntanza prodúcese a petición do Comité e, ademais da presentación formal dos membros do mesmo, tratáronse as seguintes cuestións:

1.-MEDIDAS DISCIPLINARIAS.

A Xerencia da conta da situación das medidas disciplinarias que fan referencia a dous casos concretos dos que obviamente non procede dar nomes.

3.-COBERTURA TEMPORAL DE POSTOS POR BAIXAS

En relación coa cobertura do posto de técnico superior en microscopia no SAI, a Xerencia comprometese a elaborar unha listaxe para a cobertura do mesmo de xeito inmediato. A mesma solución van darlle ao caso dun posto de delineante.

4.- CONCURSO DE TRASLADOS

Coméntase pola Xerencia as poucas solicitudes que se fixeran, e en consecuencia, a axilidade coa que podería resolverse, de non ser porque e preciso agardar a resolución do concurso de coordinadores de informática por mor das resultas.

5.- CONCURSO DE POSTOS DE COORDINADORES DE INFORMATICA.-

Dadas as discrepancias que xurdiron entre diversas persoas interesadas, a Xerencia, dado que se trata dun grupo reducido con intereses moi concretos, propón unha xuntanza con eles á que asista un representante de cada organización sindical con presencia no Comité de Empresa, coa finalidade de procurar unha solución o mais aceptable posible. Dita xuntanza terá lugar o luns día 6 as 13 horas.

6.- VACACIONS PERSOAL INTERINO.-

A xerencia informa de que comunicará a posibilidade de gozar do período completo de vacacións, previa autorización escrita e asinada polo interesado, para descontarlle da ultima nómina o importe correspondente aos días que gozase a maiores, de ser o caso.

7.- REPARTO DOS POSTOS DA OPE.-

A xerencia comprométese a revisar a proposta de reparto dos postos de quenda libre e promoción interna, de xeito que se respecte escrupulosamente o que establece o Convenio Colectivo.

8.- TEMARIOS.-

A xerencia comprométese a remitirlle ao Comité os temarios nun prazo breve, para a súa revisión e axilizar no posible a súa publicación.

9.- COMISION DE FUNCIONARIZACION.-

Esta prevista unha xuntanza para o día 21 de maio as 9, a que os asistentes deberan achegar algunha proposta que permita avanzar tanto na clarificación do proceso, como no seu artellamento e calendario.

10.- PROCESOS DE PROMOCION INTERNA SEN MOBILIDADE.-

A Xerencia informa de que os procesos de promoción tanto de técnicos de laboratorio, como os de telefonistas que están previstos no Convenio, se acometeran de inmediato.

11.- TECNICOS DE LABORATORIO.-

A Universidade vai facer efectivos os salarios adebedados, entendendo que a sentenza xudicial recoñece un dereito. Saudamos que aínda que con certo retraso, se faga xustiza. A sentenza que recoñece este dereito, e o resultado dunha demanda presentada por CC.OO. e polo tanto estamos satisfeitos de ser útiles, e de que se lle aplique a todos os afectados.

Etiquetas:


This page is powered by Blogger. Isn't yours?