martes, julio 24, 2007

Mesa Sectorial de Universidades (19-07-2007)

Recoñecemento de méritos de investigación e docencia para o PDI L.

O señor director xeral de Ordenación e Calidade do SUG informa que para o recoñecemento de “sexenios” para o PDI L as universidades deben firmar un convenio coa CNEAI, e que os trámites necesarios se están levando a cabo coa intención de axilizar a participación deste sector nos complementos autonómicos para o PDI L.
Á pregunta de CCOO sobre os trámites para o recoñecemento dos tramos de docencia por parte das universidades estas comprométense a avalialos de igual forma que fan co PDI F.
O recoñecemento destes tramos de investigación e docencia permitirá que os Contratados Doutores poidan solicitar o complemento autonómico de excelencia.

Renovación dos actuais profesores colaboradores.

O director da ACSUG informa que se vai poñer en marcha un mecanismo para a avaliación da actividade destes profesores para que a renovación poida realizarse tal e como establece o Decreto 266/2002, do 6 de setembro, de contratación do profesorado universitario.
CCOO pregunta si é posible modificar o citado decreto co fin de que esta avaliación non sexa necesaria para estabilizar a este profesorado tal e como se fixo nas universidades andaluzas. O Director Xeral de Ordenación e Calidade do SUG informa que os trámites para modificar o decreto, aínda que sexa solo puntualmente, levarían varios meses e que algúns dos colaboradores actuais rematarían o período inicial de catro años antes, polo que é preciso poñer en marcha este mecanismo de avaliación antes de calquera reforma.
A convocatoria de avaliación estaría aberta todo el año.

Informe do director xeral de I+D+i sobre Programas de Innovación e Formación de Persoal Investigador no SUG.

O director xeral de I+D+I expón as liñas xerais dos novos programas. Os obxectivos son dous: acabar coa precarización e disminuir o grao de incertidumbre na carreira dos científicos acollidos a programas de contratación de investigadores novos (Isidro Parga Pondal, Ramón y Cajal e Juan de la Cierva).
Vai haber dous itinerarios, o de investigador e o de tecnólogo. Estes itinerarios poden cruzarse (pasar de investigador a tecnólogo e viceversa) e dentro dun itinerario pode haber paso dunhas figuras a outras que non sexan consecutivas.
O itinerario de investigación pretende formar líderes en investigación. As figuras deste itinerario serán:
· Etapa predoutoral con inicio no posgrao: programa María Barbeito, de duración 2 anos + 1, para rematar a Tese de Doutoramento.
· Superespecialización: Programa Ánxeles Alvariño, de 3 anos de duración, para a realización de estadías. Este programa é novo no Estado español.
· Programa Isidro Parga Pondal: 5 anos
· Etapa de consolidación: Programa Manuel Colmeiro, de 3 anos de duración, para investigadores consolidados polas universidades.
A oferta da Xunta destas figuras ás universidades dependerá do grao de estabilidade que comprometan para os investigadores acollidos a estes programas.
Coma nestes momentos non está definida a carreira puramente investigadora dentro da universidade, o punto de entrada dos investigadores na universidade son as necesidades investigadoras e o punto final é o de profesor, igual que o PDI que entrou por necesidades docentes. A este respecto, estas figuras de investigador levan asociado o dereito a impartir docencia.
O itinerario para tecnólogos busca o obxectivo de aumentar a masa crtítica dos grupos de investigación para permitirlles medrar dende o punto de vista estructural (de persoal que traballe para o grupo). Neste itinerario o grupo decide libremente a quen contrata (sempre que o contratado cumpra uns requisitos mínimos de titulación ou experiencia profesional) dado que é o grupo o solicitante das figuras de tecnólogo e é o grupo o avaliado. Contémplase un tipo de contrato para formación (dirixido fundamentalmente a técnicos de FP, diplomados e licenciados) e un contrato de persoal con experiencia en I+D, no que se inclúen, ademais de técnicos de investigación, técnicos en xestión de I+D, e no que tamén poden incluírse doutores.
CCOO pregunta sobre a posibilidade de que os contratos sexan prolongados no caso de baixas e baixas de maternidade. O director xeral de I+D+i responde que para as novas convocatorias se vai ter en conta e que para os actuais contratados se está estudiando como resolver o problema.

Acción social e formación

Este punto foi unha petición coincidente de todas as organizacións. No mes de setembro elaborarase un calendario de negociación.

Complementos autonómicos

Discútese o borrador das convocatorias para o complemento de excelencia e de xestión. Este último vaise poñer en marcha este ano e poderán cobralo o PDI funcionario e contratado doutor. A este respecto, acórdase que soamente sexan considerados a efectos do complemento de xestión os cargos académicos, quedando nas mans da CGIACA a distinción entre éstes e os que deberían ser excluidos.
As centrais amosamos a nosa desconformidade coa falla de negociación destes complementos.

Proposta da USC sobre a negociación dun convenio colectivo único para o PAS L

As universidades de Vigo e A Coruña manifestan que a idea é acertada pero que non é o momento, e que no futuro é posible a negociación dun convenio colectivo único para o PAS L.

CCOO Universidade

Etiquetas:


This page is powered by Blogger. Isn't yours?