jueves, mayo 08, 2014

08/05/2014 REUNIÓN DA XERENCIA COA XUNTA DE PERSOAL



Bo día a tod@s,

Hoxe, día 8, tivemos a primeira reunión da Xunta de Persoal coa Xerencia, cos novos membros incorporados á mesma despois do proceso electoral de ampliación.

Eran e son moitos os temas a tratar e a reunión que foi de 1 hora e media, non deu para tratalos en profundidade pero en resumo, foron estes:

1.- Problemática coas comisións de servizo. 
A Xunta de Persoal decidira por unanimidade non informar as comisións de servizo (algo que é preceptivo pero non obriga á institución) A instrución actual non reflicte a situación que ten agora o do colectivo.

A Xerencia dinos que a semana que vén presentará unha proposta de nova normativa, indicando que, en todo caso, se non hai acordo ou este demórase, terá que executar as comisións de servizo que necesite para o correcto funcionamento da Institución.

Sen unha RPT adaptada, calquera instrución terá que estar confeccionada con excepcións, matices e demais axustes, que non serían necesarios se a RPT fose como ten que ser.

2.- RPT. A Xerencia propón iniciar as negociacións en outubro deste ano.

A RPT é unha ferramenta que ten que organizar e vertebrar a todo o PAS, a RPT actual non reflicte nin se axusta á realidade. Hai que adaptala sempre que sexa necesario, e ten que cumprirse sen excepcións.

Modificar a RPT é agora URXENTE e NECESARIO, non entendemos ter que esperar a outubro para iniciar a negociación da mesma. Empezar nesa data significa:

- Que en 2014 non teremos unha RPT que se axuste á realidade.
- Seguiremos sufrindo os problemas que xera o que non se adapte á realidade:
    - Movementos arbitrarios do persoal, cambios de quendas, de centros de traballo...
    - Imposibilidade de concursos,
    - Imposibilidade para facer comisións de cervizo, etc.
- Seguir co descontrol, desaxuste e arbitrariedade do Servizo de Informática e da área de Conserxerías, como exemplo do caos que supón ter unha RPT como a actual.

NON SE PODE CONSENTIR QUE AS IRREGULARIDADES QUE AFECTAN A MOITOS COMPAÑEIROS SE CONVERTAN NA NORMA HABITUAL


3.Roupa de Traballo.
 Xerencia Proporá a semana que vén unha instrución ou algo similar con respecto a este tema.

O acordo de Funcionarización asinouse en xullo de 2012, no último trimestre do 2013 realizouse o primeiro proceso de exames e a primeiros de ano incorporáronse os primeiros compañeiros. Xa desde o Comité de Empresa (anterior ao actual) indicouse antes de acabar o ano 2013 que había que estudar e resolver a problemática da roupa de traballo. Doutra banda hai compañeiros Laborais Fixos cun Convenio Colectivo que obriga neste asunto á institución.

Con 5 meses de atraso indícasenos que se presentará un borrador/proposta para este tema. Advertida a Xerencia disto, non entendemos como hai tanta demora, non pode ser que un procedemento se dilate tanto no tempo, nisto vemos que os "tempos" da institución non concordan co que o colectivo necesita.


4.- Plan de formación. Pretende a institución un acordo para pechar o Plan de Formación.


Xa comentamos a dificultade de chegar a un acordo se non hai un manual de funcións encima da mesa que se poida asociar ao Plan de Formación para saber as necesidades de formación e competencias de cada posto.

Sen un manual de funcións é difícil elaborar un plan de formación, non se deben organizar as funcións do colectivo desde a Comisión de Formación, non é ese o seu papel.


5.- Comentarios desafortunados en Facebook.
 Como apuntamento final, gustaríanos valorar os comentarios do Secretario Xeral da Universidade (feitos en Facebook) referentes ás concentracións do PAS no pasado Claustro. (Achegámosvos as "perlas" escritas)







1º O "resto" que o Sr. Amoedo non nomea son: CCOO, UXT, CSIF, APA, e CIG,  é dicir  A PRACTICAMENTE A TOTALIDADE DA REPRESENTACIÓN SINDICAL DO PAS DA UDC, ademais dunha chea de compañeiros.


2º Os PAS, discutimos, argumentado e contrastado posturas coa institución, igual o Secretario da UDC non sabe que hai unha mesa de negociación agora mesmo en marcha sobre este tema. Os argumentos da institución son RECORTAR e pretender que NEGOCIEMOS MISERIAS,  os nosos é non perder o que tanto tempo e esforzo tardouse en conseguir. Que non se preocupe que o como Docente beneficiarase de todo aquilo  que sexamos capaces de alcanzar.


3º Desde CCOO (e de maneira similar o resto de sindicatos) pedimos que se outorgue o 1,5% da masa salarial para a Acción Social, e ao mesmo tempo que sexa o COLECTIVO o que decida como se reparte esa contía, NIN MÁIS NIN MENOS QUE O QUE TEÑEN POR EXEMPLO UNHA UNIVERSIDADE MENOS "PROGRESISTA" COMO A DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.


4º Ao Sr. Amoedo non lle gustan o megáfonos, igual teremos que levar cacerolas a próxima vez a ver se lle gustan máis. O que se lle debe gustar é recortar e decidir sobre as miserias resultantes, pois nese contexto seguiremos protestando coa mesma ou maior intensidade, lle guste ou non.


This page is powered by Blogger. Isn't yours?