miércoles, noviembre 11, 2009

POSICIÓNS DE CC.OO SOBRE DIVERSOS ASUNTOS E PROPOSTAS DE PAS FUNCIONARIO


1.Concurso

1.1. Bases xerais

As bases permanentes para os concursos de traslados, están acordadas de xeito consensuado entre os tres sindicatos da Xunta de Persoal (acordo da XP da reunión do 15 de xuño de 2009), en consonancia co modelo de universidade que requiren os tempos actuais. Acordouse que non serían válidas aínda para este concurso se non para o seguinte, co fin de que o persoal dispoña de tempo suficiente para proxectar a súa carreira profesional.

1.2. Bases específicas para xefes de servizo

Partindo da proposta inicial de CC.OO. chegouse tamén a un acordo en bases específicas para xefes de servizo, que eliminan a entrevista como mérito. (posto que pensamos que non é obxectivo). Estas bases si que deben ser válidas para este concurso.

1.3 Datas

Na Xunta de persoal, tamén acordouse, que os concursos se convoquen unha vez pasados dous anos desde a toma de posesión do último concurso xeral (acordo da XP da reunión do 15 de xuño de 2009).

A este acordo chegouse a partir dunha proposta de CC.OO. na que pedíamos a periodicidade regular nas datas dos concursos.

Con respecto ao vindeiro concurso a Xerencia decántase por que se convoque en maio 2010, pois así podería concursar todo o mundo.
CC.OO. pode chegar a un acordo coa Xerencia nas datas, sempre e cando esta se comprometa a asinar por escrito :

Que as novas bases terán carácter de permanencia
Que as datas da convocatoria teñan carácter periódico
Que se publiquen os dous puntos anteriores na web da UDC, dentro do apartado de persoal.
Que a modificación, tanto das bases permanentes como das datas das convocatorias, requira da conformidade da xunta de persoal.



2. Composición dos tribunais e probas de selección, (oposicións libres, promoción interna, concursos, etc…

2.1 Composición dos tribunais

CC.OO. fixo propostas para garantir ao máximo a transparencia e seguridade xurídica dos procesos. Nesta liña están propostas como, no ambito dos funcionarios, que a composición dos tribunais sexa por sorteo entre todos os funcionarios que reúnan os requisitos profesionais para poder participar.

2.2 Procesos selectivos

E no que respecta as probas de promoción interna e acceso libre:

Propoñemos que se garanta o anonimato, polo menos no primeiro dos exercicios en todas as convocatorias de promoción interna ou acceso libre de PAS funcionario.

2.3 Número de prazas

Así mesmo, en aplicación do art. 63 do Lei de función de pública de Galicia, propoñemos que, nos casos nos que non se poda facer promocións sen mobilidade o 50% das prazas vacantes se ofrezan a promoción interna. É importante que se manteñan os mesmos criterios e se apliquen as mesmas fórmulas para todos os funcionarios que están nos mesmos casos, independentemente da escala a que pertenzan (administración xeral ou bibliotecas).

3. Premio de xubilación tamén para os funcionarios


A nosa proposta é facer extensivo ao PAS funcionario o que se recolle no III Convenio colectivo do persoal laboral da Universidade da Coruña no que di:

“Capítulo XIII. Asistencia social. Artigo 58:

-Ao se producir a xubilación forzosa, falecemento ou á invalidez permanente dun traballador da Universidade da Coruña, percibirá o importe íntegro de tres mensualidades e unha máis por cada cinco anos ou fracción que exceda dos quince de antigüidade na UDC. No caso de prestacións de servizo a tempo parcial, computarse este tempo de xeito proporcional.”
Coas modificacións recollidas no seguinte parágrafo:

-Ao se producir a xubilación forzosa, falecemento ou á invalidez permanente dun/ha PAS funcionario/a da Universidade da Coruña, percibirá o importe íntegro de tres mensualidades que será a media das mensualidades percibidas nas diferentes categorías (media da mais alta e a mais baixa) que existen na RPT e unha máis por cada cinco anos ou fracción que exceda dos quince de antigüidade. No caso de prestacións de servizo a tempo parcial, computarse este tempo de xeito proporcional.



4. Cursos de formación en quenda de tarde


Queremos mostrar o noso apoio a o persoal que traballa en quenda de tarde polo tema dos cursos de formación. Solicitaremos aos nosos compañeiros da Xunta de Persoal que forman parte da Comisión de Formación (CC.OO. non ten representación) que teñan en conta as súas reivindicacións. Por ser moita menos xente, parece razoable que o *número mínimo de asistentes para a realización dos cursos sexa tamén menor*. O ter unha quenda de traballo distinta á maioría non debe supoñer una maior dificultade de acceso a formación.

Etiquetas:


This page is powered by Blogger. Isn't yours?