viernes, mayo 23, 2008

SECCION SINDICAL DA UDC.
ccoo@udc.es
Blog: http://www.ccooudc.blogspot.com/


ASINADO O ACORDO DE PERSOAL DE CONVENIOS VARIOS.-

As compañeiras de CC.OO. que forman parte do Comité de empresa, traballaron arreo para acadar un acordo que amplía os dereitos dos compañeiros e compañeiras deste colectivo.

Somos conscentes de que iste é somentes un primeiro paso. Pensamos que sigue sendo vergonzoso que se manteña a un colectivo heterogéneo de perto de trescentas persoas sin Convenio colectivo nunha institución pública. Pero tamén pensamos que é mais útil para os traballadores ir acadando parcelas de dereitos e ampliandoas na medida en que sexa posible, en vez de adoptar posturas maximalistas e seguir sin ningún dereito.

Con esta nota acompañamos o acordo.

ALERTA DE CONVOCATORIAS DE OPOSICIÓN.

A federación de Ensino de CC.OO. de Galicia, tén un servizo de alertas de convocatorias de oposicións nas diversas administracións. Se estás interesado en recibila, mándanos un correo a ccoo@udc.es.

jueves, mayo 22, 2008

SECCION SINDICAL DA UDC.
ccoo@udc.es


DIMISIÓN DO COMITÉ DE EMPRESA E RENUNCIA DOS MEMBROS DAS LISTAS.

Como coñecedes todos, o resultado da consulta entre o persoal fixo sobre o acordo de funcionarización, foi o rexeitamento maioritario.

Diante de tal situación, os membros do Comité de empresa presentaron a súa dimisón en pleno.

A dimisión dun membro do Comité, supón a incorporación inmediata do seguinte na lista. Polo tanto para que se podan convocar novas eleccións sindicais, é preciso que preesnten a súa renuncia todos os membros das candidaturas que concurriron no 2007.

A sección sindical de CC.OO. comunicoulles esta situación a todas as persoas que concurriron ás eleccións nas súas listas, informándolles dos seus dereitos e facilitoulles o trámite de renuncia.

En termos relativos, damos por cumprida a nosa obriga de responsabilidade.

UNHA NOVA ETAPA.

Entendemos que se ten que abrir unha nova etapa e que os problemas que nos afectan a todos os traballadores, non se poden esquencer polo feito de que formalmente non haxa Comité de empresa.

As organizacións sindicais que en virtude da Lei orgánica de libertade sindical temos a condición de mais representativas e a responsabilidade que de elo se deriva, temos que seguir traballando, para que a negociación colectiva non se paralice.

Nesta nova etapa, a nosa prioridade está en esforzarnos por facer chegar a todos os traballadores da UDC as nosas propostas e prioridades. Ese é o noso compromiso.

Estamos á vosa disposición no correo. ccoo@udc.es. Responderemos calquera duda ou consulta por escrito, ou contactaremos telefónicamente coa persoa que nolo demande.


Maio de 2008.

ccoo@udc.es
SECCION SINDICAL DA UDC.





NOVA ETAPA DO BLOG DE CC.OO. UDC



Por razóns diversas, o noso blog estuvo inactivo durante unha temporada. Queremos recuperar a actividade, e utilizalo con frecuencia para facer chegar a todo o mundo información de interese e en todo caso as nosas propostas.

Pretendemos así, ser útiles para o conxunto dos compañeiros e compañeiras da UDC e ao tempo, achegar as nosas posicións para o debate.

Seguimos apostando polo entendemento entre as forzas sindicais para poder acadar acordos de interese para a mayoría.

O noso correo electrónico está a vosa disposición para que nos fagades chegar as vosas críticas ou opinións. De verdade que se agradecerán.


Maio de 2008

This page is powered by Blogger. Isn't yours?