jueves, abril 02, 2009

O DEREITO A REDUCCIÓN DE XORNADA PARA O COIDADO DUN FAMILIAR







O dereito á reducción de xornada ata un 50% con carácter retribuído para o coidado dun familiar por enfermidade moi grave, vén recollido ademais de na nosa normativa interna, na lexislación básica de carácter estatal como é o EBEP. Hai que engadir que este dereito foi ampliado recentemente na reforma da Lei da función pública de Galicia do seguinte xeito:

Art. 76.” 1. Concederanse permisos polas seguintes causas xustificadas:

k) Nos supostos de accidente ou enfermidade moi grave da ou do cónxuxe, parella en análoga relación de afectividade, familiares en primeiro grao, persoas acollidas ou familiares que convivan na mesma casa, e para atender ao seu coidado, o persoal funcionario terá dereito a un permiso retribuído cunha duración máxima de trinta días naturais. Cada accidente ou enfermidade xerará un único permiso, que, dentro da duración máxima de trinta días, se poderá utilizar de maneira separada ou acumulada.

l) Por ser preciso atender o coidado dun familiar de primeiro grao, o persoal funcionario terá dereito a solicitar unha redución de ata o 50% da xornada laboral, con carácter retribuído, por razóns de enfermidade moi grave e polo prazo máximo dun mes, prorrogable en circunstancias excepcionais e atendendo á extrema gravidade da enfermidade padecida, ata un período máximo de dous meses.
Se houbese máis dunha persoa titular deste dereito polo mesmo feito causante, o tempo de gozo desta redución poderase ratear entre elas, respectando, en todo caso, o prazo máximo dun mes ou, se é o caso, o de dous meses.”

As delegadas e delegados da sección sindical de CC.OO - PAS, tendo coñecemento de que a XERENCIA AÍNDA NON CONTESTOU a solicitude dunha compañeira do PAS pedindo esta reducción a primeiros de marzo de queremos manifestar públicamente a NOSA PROTESTA.

O feito de non constestar a solicitude implicada non é só unha falta de consideración inaceptable aos dereitos do PAS, senón que ten o agravante de deixar ao traballador en situación de indefensión, xa que non conta coa posibilidade de reclamación.

Proposta de CC.OO.:

Para evitar que estes feitos volvan a producirse e dada a urxencia destes casos, propoñemos que se introduzca na próxima reforma e ampliación da instrución o seguinte parágrafo:

“O prazo máximo de resolución da solicitude será de 5 días hábiles. De non ter constancia da resposta da xerencia, e sempre e cando se achegue xunto coa solicitude a documentación sanitaria acreditativa da circunstancia que xera o dereito coa correspondente cualificación de “enfermidade ou accidente moi grave”, enténdese que é silencio positivo e polo tanto se recoñece o dereito do traballador ou traballadora ao permiso.”

Etiquetas: ,


Comments: Publicar un comentario



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?