viernes, diciembre 22, 2006

COMUNICADO DE CC.OO. EN RELACIÓN COA SENTENZA RELATIVA AOS SALARIOS DOS TECNICOS DE LABORATORIO

COMUNICADO DE CC.OO. EN RELACIÓN COA SENTENZA RELATIVA AOS SALARIOS DOS TECNICOS DE LABORATORIO

A sentencia á que nos referimos, ven a dar resposta a unha reclamación presentada pola asesoría de CC.OO. en representación de catro persoas que realizan funcións de técnico de laboratorio, funcións que de acordo co que se estableceu como requisito na RPT, corresponden á cualificación do grupo III do convenio colectivo.

¿Qué recoñece a RPT?

A RPT, recoñece de feito que a cualificación requirida e de Grupo III e atribuíndolle a ocupación dos postos os reclamantes, recoñece que están realizando de feito funcións de categoría superior de modo permanente.

¿Qué piden os traballadores que reclaman?

Piden que lles paguen en función do traballo que desempeñan, consecuentemente en función da cualificación que o propio posto de traballo lles esixe, e que en virtude da proba que aportan, veñen efectivamente realizando.

¿Qué establece a sentenza?

Establece a obriga da Universidade de pagarlle pola cualificación efectivamente requirida, e polas tarefas propias de esa cualificación, porque así se acredita no proceso.

¿Porque non aplica a sentenza a Universidade?

E unha boa pregunta. ¿Quizais pretende discriminar a unhas persoas que está probado que realizan funcións de categoría superior, por algún criterio que non se pode contar? ¿Porque si o que lles pedían aos reclamantes era unha xustificación para pagarlles, non aplican agora a mellor xustificación posible como é unha sentenza xudicial? ¿Qué clase de dereito é que ás persoas teñan que traballar en postos con recoñecemento expreso de esixencias de cualificación superior sen pagarllas?

Desde CC.OO. defendemos a aplicación da sentenza sen mais dilación, e reclamamos a aplicación da lei en condicións de igualdade para todos. A Universidade non debe ser lugar de privilexios para ninguén e por elo agardamos que sen demoras inxustificadas, cumpran co que manda a sentenza.

Etiquetas:


Comments: Publicar un comentario



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?