viernes, mayo 08, 2009

CONCURSOS POSTOS DE NIVEL DE XEFATURA DE SERVIZOS: MÉRITOS ESPECÍFICOS

A postura de CCOO neste punto é básicamente a mesma que mantemos sempre e que non é outra que velar porque impere a legalidade, a imparcialidade e a obxectividade na valoración dos méritos de todas/os das/os traballadores, neste caso das/os funcionarias/os.

Así pois, vemos de vital importancia establecer valoracións únicamente obxectivas e que garanticen a igualdade de todas/os. Por tanto, opoñémonos totalmente ao uso da entrevista como método de valoración dos méritos das e dos participantes.

PROPOSTA DE CCOO:

Elaboración da memoria, exposición e defensa: 5 puntos.

Os solicitantes deberán elaborar unha memoria na que se evidencia o coñecemento da área á que
concursa, cunha análise das tarefas do posto e os requisitos, condicións e medios necesarios para desempeñalo, así como unha proposta organizativa do posto e área na que se encadra, que conteña os obxectivos a desenvolver nos próximos dous anos, e coa descripción de alomenos dous accións para cada obxectivo marcado.

Aos efectos do anterior, os solicitantes deberán presentar por escrito e defender oralmente este
proxecto, nun acto público, e ante a comisión para o posto ao que se concurse.

Con ese fin, presentarase o proxecto no prazo de solicitude da convocatoria do concurso, nun sobre branco, tamaño 36 cm x 26 cm, pechado e sen ningún tipo de identificación no que apareza só o membrete da Universidade da Coruña. Dentro deste sobre incluirase, ademais do proxecto, un segundo sobre pechado e tamén sen identificación, dentro do cal o aspirante indicará os seus datos persoais (nome, apelidos e fotocopia do documento nacional de identidade).

O acto será único para todos os aspirantes a un mesmo posto e será público. Os aspirantes serán
convocados para a exposición e defensa pública pola Universidade da Coruña cunha antelación de, como mínimo, 3 días hábiles.
Unha vez outorgada a puntuación do proxecto, a comisión levantará o acta correspondente que será exposta no prazo máximo de 3 días habiles. O tempo máximo de intervención para a defensa e exposición por cada candidato será de 30 minutos. A Comisión poderá solicitar, durante a exposición do proxecto, as aclaracións e a documentación adicional que considere necesaria.
A valoración do proxecto será o resultado da media aritmética da puntuación outorgada polos membros da comisión de valoración, debendo desestimarse para estes efectos a máxima e a mínima concedidas ou, no seu caso, só unha das que aparezan reflectidas como tales se a puntuación máxima e mínima se repite. A puntuación outorgada neste apartado deberá reflectirse nun acta que se levantará ao efecto, que será publicada nos cinco días seguintes a data da exposición, e na que deberán figurar os criterios de valoración aplicados pola comisión.

A puntuación total outorgada deberán reflectirse nun acta que se levantará ao efecto, que será publicada, e que reflectirá a puntuación obtida polos candidatos.

Este sistema de valoración dos méritos específicos será efectivo na valoración do próximo concurso en execución da nova RPT, das prazas vacantes de xefes de servizo.

Etiquetas:


Comments: Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?