martes, abril 21, 2009

AS BASES PERMANENTES NOS CONCURSOS DE PAS FUNCIONARIOS




Conseguir nos concursos unha valoración de méritos estable e publicada na web como garantía de permanencia, é un dos obxectivos da nosa sección sindical desde sempre, tal e como manifestamos en numerosas ocasións, así como no noso programa electoral. A publicación dunhas bases estables permite aos funcionarios a posibilidade de proxectar no tempo a súa carreira profesional sabendo de antemán as valoracións e, ao mesmo tempo, evita posibles manipulacións oportunistas que favorezan intereses de persoas o colectivos concretos segundo a conxuntura política.

Para conseguir definitivamente este obxectivo é preciso redactar unhas bases permanentes que, respectando ao máximo posible as bases da última convocatoria, estean en consonancia co modelo de universidade que requiren os novos tempos.

- Impulsando a formación como principal ferramenta para a reciclaxe profesional do PAS, mellora de competencias e ampliación de coñecementos, incorporando un factor de temporalidade na puntuación dos cursos.

- Incluíndo na valoración de méritos as novas titulacións académicas derivadas da integración no EEES así como segundas titulacións que as/os traballadoras/es posúan.

- Valorando a aprendizaxe de linguas estranxeiras.

- Despenalizando na valoración da antigüidade a mobilidade entre as universidades (como mínimo entre as universidades galegas)

Proposta de CC.OO:

Conservar as bases da última convocatoria, con excepción dos apartados de: formación, lingua e antigüidade, para os que vos achegamos as seguintes propostas de mellora.

FORMACIÓN ESPECÍFICA

a) Cursos realizados nos 5 anos anteriores a data da publicación do concurso :

- 0,004 puntos por hora en cursos con diploma de asistencia
- 0,008 puntos por hora en cursos con diploma de aproveitamento

b) Cursos realizados con anterioridade:

-0,001 puntos por hora en cursos con diploma de asistencia
-0,002 puntos por hora en cursos con diploma de aproveitamento

Motivacións:

Incentivar aos funcionarios a continuar a súa formación, primando os cursos realizados nos últimos 5 anos, co fin de impulsar a reciclaxe profesional, ampliación de coñecementos e mellora de competencias.


TITULACIÓNS

Engadir ao baremo actual:

Grao: 0,75 puntos

Máster: 0,15 puntos sobre a titulación de acceso ao máster

2ª titulación: 0,10 puntos, sempre e cando a 2ª titulación sexa de igual nivel que a primeira.
Motivacións:

Incluír as novas titulacións universitarias e completar o actual apartado valorando tamén as segundas titulacións, como parte do proceso formativo do funcionario, fomentando así a aprendizaxe ao longo da vida.

LÍNGUAS

Lingua galega:

CELGA 3 ou curso de iniciación: 0,25 puntos
CELGA 4 ou curso de perfeccionamento:0,50 puntos
CELGA 5: 0,75 puntos
Linguaxe administrativo nivel medio: 1 punto
Linguaxe administrativo nivel superior: 1,50 puntos

Linguas estranxeiras:

Nivel básico: 0,15 puntos
Nivel intermedio: 0,25 puntos
Nivel avanzado: 0,50 puntos

Motivacións:

Ademais da valoración especial do coñecemento da lingua galega como lingua propia, introducir a puntuación no coñecemento de linguas estranxeiras, aspecto fundamental do EEES.A valoración das linguas estranxeiras farese segundo a nova estrutura da ensinanza destas aprobado polo Consello de Europa coas correspondentes validacións dos títulos anteriores.
Os diplomas ou títulos que se puntuarán serán os expedidos por centros oficiais (EOI, Centro de linguas da UDC, etc…)

ANTIGUIDADE
Servizos prestados noutras universidades (mínimo nas galegas): 0,20 puntos por ano.

Motivacións:

-Coherencia coas políticas de promoción da mobilidade dos funcionarios

-Reciprocidade: as outras universidades galegas que non priman a antigüidade na universidade de orixe.

A nosa proposta inclúe que estas bases permanentes se poñan en coñecemento de todas e todos en canto se aproben para que, como diciamos, as/os traballadoras/es teñan tempo de formarse e renovar cadanseu currículo. Así pois, non entrarían aínda en vigor para o vindeiro concurso, no que se seguirían coas bases actuais.

Etiquetas:


Comments: Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?