jueves, abril 30, 2009

1 MAIO: 'Frente a la crisis: empleo, inversión pública y protección social'


DENDE CCOO FACEMOS UN CHAMAMENTO A TODOS OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS Á PARTICIPACIÓN NOS ACTOS DO 1º DE MAIO

Neste ano, cunha crise económica que está a causar o maior número de parados e paradas dende fai máis dunha década é máis importante que nunca a participación nos actos do 1º de maio que se van celebrar ao longo de toda a xeografía galega.

Este 1º de maio ten un valor simbólico especial. Esiximos medidas que eviten que os traballadores e traballadoras paguen a crise, pois non somos nós os culpables da mesma. Denunciamos as pretensións da patronal que sen ningún escrúpulo aproveitan a situación para solicitar o abaratamento do despido e advertimos da quebra do diálogo social se algunha medida nese sentido fose aceptada polo goberno.

Achegamos o manifesto conxunto CCOO – UGT, o manifesto de CCOO e mais información sobre as manifestacións en toda Galicia cos horarios e puntos de partida.

Actos do 1º maio de 2009 na Coruña:

CCOO e UGT conxuntamente participaremos non seguintes actos:
10:00 horas: terá lugar a ofrenda floral no cemiterio municipal de San Amaro.
12:00 horas: saída da manifestación dende a Praza da Palloza ata a Delegación do Goberno.


Ferrol:
Ás 12 horas desde a Praza do Inferniño
Santiago de Compostela:
Ás 12:30 horas desde Praza das Praterías
Viveiro:
Ás 12 horas desde o edificio sindical
Lugo:
Ás 12 horas desde o edificio sindical
Ourense:
Ás 12:30 horas desde o Pavillón dos Remedios
Vilagarcía de Arousa:
Ás 12 horas desde a Praza da Ravella
Pontevedra:
Ás 12 horas desde a Praza da Peregrina

Manifestación central: Vigo
Partirá ás 11:30 horas do cruzamento da Vía Norte con Urzáiz

ESTE ANO, MAIS QUE NUNCA… ¡¡PARTICIPA!! ¡¡MOBILÍZATE!!

Etiquetas:


Comments: Publicar un comentario



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?