viernes, marzo 06, 2009

SOBRE O CONTROL HORARIO







Ante a comunicación á Xunta de persoal por parte do xerente na reunión do martes 17 de febrero do 2009, na que se informou de que a Xerencia estableceu un sistema de control ao PAS de cumprimento do horario, temos que decir o seguinte:

1. CC.OO. na súa defensa do servicios publicos é o primer interesado en que funcionen con eficacia, polo que non vai amparar situacións de incumprimento das obrigas do persoal ao servizo das administracións públicas.

2. Aclarado este punto, CC.OO. NON ADMITE que se controle ao persoal con métodos opacos e descoñecidos polos traballadores e polos seus representantes. Se se quere establecer un control de asistencia ten que se facer con todas as consecuencias: que afecte a todo o persoal ao servizo da institución, de xeito transparente e que ofrezca todas as garantías ao traballador.
O control céntrase no PAS. Isto supón unha evidente discriminación posto que o art. 60 dos Estatutos da Universidade da Coruña din que: “A comunidade universitaria da Universidade da Coruña está formada polo persoal docente e investigador, os estudantes e o persoal de administración e servizos”. Tanto o PAS como o PDI temos que cumplir un horario e un número de horas anuais. Se se controla o seu cumprimento debe ser para todos sen excepción.

3. Na actualidade está demostrado que os sistemas ríxidos de control son menos efectivos para reducir o absentismo que a aplicación de outras medidas como son: facilitar a conciliación da vida persoal e laboral, fomentar a motivación e procurar a identificación do traballador cos fins da institución.

4. Así pois, non entendemos que a Xerencia dedique tantos esforzos e recursos para este tipo de control e non se incida especialmente na implantación de metodoloxías máis racionais, que redundarían máis positivamente no persoal e na propia institución.

Etiquetas:


Comments: Publicar un comentario



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?