viernes, junio 13, 2008





SECCION SINDICAL DA UDC.
ccoo@udc.es
http://www.ccooensino.net/
http://www.ccooudc.blogspot.com/






PROPOSTAS EN POSITIVO PARA O PAS-LABORAL

1.- Sobre a situación da representación dos traballadores.

Como consecuencia da dimisión do Comité de empresa e da renuncia presentada por todos os membros das candidaturas, ninguén tomou posesión dos postos deixados polos dimisionarios, e polo tanto siguen en funcións ata que haxa un novo Comité de empresa saido dunhas novas eleccións.
E certo que un Comité en funcións, debería limitar a súa actividade exclusivamente a cuestións de xestión ordinaria.

2.- Sobre a negociación dos temas pendientes.-

¿Deben paralizarse todos os procesos pendientes como consecuencia da dimisión do Comité?. Desde o noso punto de vista non. As organizacións sindicais presentes no Comité de empresa, teñen en virtude da Ley orgánica de libertade sindical, legitimación suficiente para negociar. Isto é xusto o que teñen que facer.

3.- Sobre a Convocatoria de vacantes.-

E momento de reflexionar sobre o sentido das convocatorias que se van facer.
Mais de catro anos sin promover unha soa convocatoria. Persoas interinas con mais de dez anos de antiguidade. A maioría das administracións que contempla os mal chamados procesos de consolidación de emprego, debennos facer reflexionar.
Os intentos anteriores que se fixeron de axilizar os procesos, foron suficientemente frustrantes para todos, o que aconsella facer as cousas con tento.
Propoñemos para a súa valoración, as seguintes cuestións:
1.- Acometer a revisión do Convenio colectivo, e valorar os méritos de concurso, con un peso relativo do 40% (30% servizos prestados e 10% formación) e elevando o número de anos para chegar ao máximo da puntuación a 8 como mínimo. Esta sería unha valoración de carácter extraordinario para esta convocatoria, xustificada pola elevada duración da temporalidade e a proporción de persoal laboral temporal. Unha vez regularizada a periodicidade nas sucesivas convocatorias, retornaríase ao sistema previsto no actual Convenio ou no que se acorde.
2.- Acordar unha fórmula legal que permita a aplicación da Disposición transitoria segunda e convocar os procesos de promoción previstos nela.
3.- Dar cumprimento aos compromisos de execución da RPT de 2005 en materia de promocións.
4.- Acordar un calendario de convocatorias serio, creible e verificable.
5.- Revisión e actualización de todos os temarios, con carácter previo ás convocatorias.

4.- Sobre o proceso de funcionarización.-

En primeiro lugar: CC.OO traballou para conquerir un acordo para a funcionarización, porque entendemos que conformar un ámbito único de xestión e negociación é unha oportunidade. Tamén entendemos que axilizar os procesos resultaba positivo e no conxunto as repercusións negativas eran escasas.
Pero os resultados da consulta hai que respetalos. Entendemos que como colectivo de traballadores un proceso conxunto, pactado entre todas as partes afectadas, tiña evidentes vantaxes para todo o mundo, pero se a opinión maioritaria é contraria, entendemos que a vía da imposición non favorece a ninguén.
Agora bén; a funcionarización como obxectivo tén diferentes significados para diferentes colectivos, e por outro lado, a administración da UDC, en aplicación do EBEP, pode funcionarizar determinados postos por imperativo legal, ante o cal pouco temos que facer.

Entendemos que agora como antes a prioridade fundamental consiste en acabar con esta precariedade vergoñenta, nas mellores condicións posibles para os traballadores e traballadores que levan tantos anos en situación indesexable.

O chamado “dereito individual de funcionarización”, non tén encaixe legal de ningún tipo, e podería supoñer unha fonte de arbitrariedade.

Outra cousa bén distinta, é que haxa unha demostración manifesta de que mudou o criterio maioritario respecto do resultado da consulta. Se fose patente esa mudanza, debería retomarse de inmediato o proceso aparcado.

En calquera caso, CC.OO. propoñemos retomar como base de partida no futuro, o acordo non ratificado, na medida en que nos sigue parecendo interesante e froito dun traballo de consenso que non se debería desaproveitar. Por suposto que haberá que adaptalo ás novas circunstancias.


5.- Sobre o Convenio Colectivo.-

Disposición transitoria segunda. Creemos que hai que concretar os compromisos de promoción e introducir na modificación da RPT, as previsións precisas para que dita promoción sexa posible dacordo coa legalidade e sin establecer agravios comparativos con outras categorías e colectivos profesionais. Hai que procurar solucións imaginativas.

Unha posible fórmula, sería a definición de categorías novas, con actualización de competencias profesionais explícitas.

Somos contrarios a procesos de reclasificación xeneralizadas por categorías, por ser contrarios ao espíritu do Convenio e impropios dunha administración pública.

Entendemos que hai que perfeccionar a redacción de todas as disposicións transitorias e adicionais, para que quede perfectamente craro o sentido do que queren regular.

Polo que respecta a cuestión salarial, as nosas propostas serían as seguintes:

-Crecemento generalizado do IPC tal e como está acordado no propio Convenio.

-Traballar no horizonte dunha harmonización salarial laborais-funcionarios, na liña da estructura marcada no preacordo para a funcionarización.

-Incremento dos salarios das categorías laborais que ata este momento están por debaixo do preacordo , en concreto: Técnico coordinador de deportes, Arquitecto, Técnico en comunicación, Técnico en teleformación, Técnico en deportes, Tecnico en I+D.




¡SEGUIREMOS PROPOÑENDO EN POSITIVO!








Comments: Publicar un comentario



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?