lunes, junio 02, 2008

SECCION SINDICAL DA UDC.
ccoo@udc.es
Blog: http://www.ccooudc.blogspot.com/


SERVIZOS INFORMATICOS.

SEGUIMOS NA MESMA.



1º.- Os feitos.-

Esta reitoría emulando vellas prácticas no seu dia criticadas, recupera aos “docentes” a dedo, como “solución máxica”. Chega o docente investido de autoridade, e fai e desfai ao seu antoxo, desprecia todo tipo de prudencia e de garantia dos dereitos dos profesionais, e remove a organización e os traballadores de xeito arbitrario e caprichoso, como se as regras non fosen con él.

A profesionalización da xestión universitaria será un dos principais obxectivos da nosa acción de goberno. A existencia de estruturas administrativas profesionalizadas que permanezan con independencia dos sucesivos equipos de goberno é o primeiro paso para lograr unha administración moderna, eficaz e operativa, unha administración de calidade que realice un aproveitamento óptimo dos recursos e que redunde no desenvolvemento dunha docencia e dunha investigación de calidade. (Compromiso electoral do Rector que se pode contrastar na web).

A xuzgar polos feitos, o párrafo anterior parece que xa está esquencido.

Chama poderosamente a atención, que o reitor renegue do Consello de Dirección dos SIC que el mismo promoviu. Agora os seus colaboradores din que non existe. ¿Pouco compromison non?.

2.- Os dereitos dos traballadores.-

Os traballadores teñen un Convenio colectivo que establece que o sistema de provisión de postos é o concurso. A Universidade é unha Administración pública, e como tal está sometida ao imperio da lei. Todo isto ao adxunto docente, non lle soa. Por suposto a estructura previa que serviu de base para a provisión dos postos, e algo que para o adxunto docente non existe.

3.- A funcionalidade do servizo.-

Para o adxunto docente, non parece que interese tanto a funcionalidade real do servizo, como a “súa” funcionalidade ideal, que “impón” sin contar con ningúen e esquencendo que hai persoas coas que actuando de modo racional, debería de contarse.


4.- Colaboradores necesarios.-

Pero o adxunto docente, por mais que pareza un paracaidista rampante e temerario, é o emisario do reitor. Xa o diciamos ao primeiro. O reitor esquence os seus compromisos, e nin diálogo nin racionalidade nin nada. Pón ao dispor do emisario toda a estructura superior, para darlle cobertura e permitirlle actuar arbitraria e impunemente. Mala maneira de motivar aos profesionais.

5.- A maxia dos bolseiros.-

Unha ollada ás convocatorias de bolsas de colaboración para servizos informáticos en diversas unidades, (moi singularmente na vicereitoría de extensión universitaria) inducen a sospeitar que hai un auténtico abuso das bolsas como sistema, ou dos bolseiros.
Se de verdade se cumpre o regulamento de bolseiros ¿Qué fan?. Se pola contra non se cumpre o regulamento, non estamos unha vez mais fronte ao escándalo permanente da utilización indebida e fraudulenta da figura dos bolseiros.

Desde CC.OO. seguiremos impulsando o diálogo como o mellor camiño para o encontro e a mellora dos servizos, pero se non hai vontade, utilizaremos a denuncia como forma de expresión.


Seguiremos informando.

Comments: Publicar un comentario



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?