lunes, junio 02, 2008

SECCION SINDICAL DA UDC.
ccoo@udc.es
Blog: http://www.ccooudc.blogspot.com/




SOBRE A CONVOCATORIA DE VACANTES DE PERSOAL LABORAL.

1.- Situación de escándalo.-

Que en torno a un 50% dos postos de traballo de persoal laboral estean cubertos por persoal interino ou temporal e unha situación impresentable que por outro lado xenera graves problemas de xestión.

Que unha parte importante deses postos, leven mais de dez anos nesta situación, indica a responsabilidade compartida polos sucesivos governos da UDC, e demostran a incapacidade ou falla de interés por resolver a cuestión.

2.- Compromisos adquiridos.-

A xerencia comprometiuse reiteradamente co Comité dimisionario a convocar todas as categorías antes do 30 de xuño de 2008. Obsérvase non só un grave incumprimento dos compromisos, senón unha falla de interés polas cuestións que afectan ao persoal laboral.

Nos últimos catro anos, axilizaronse os procesos de persoal funcionario, e o mesmo debería de facerse coa plantilla de persoal laboral. Non parece ser esa a idea da reitoría ou da Xerencia, cando seguen a poñerse disculpas dilatorias.

CC.OO. denunciará reiteradamente esta desidia que está a causar un grave prexuizo aos traballadores e a credibilidade dos seus representantes.

3.- Actualización das propostas.-

A Convocatoria das vacantes regulada polo actual Convenio Colectivo, é manifestamente obsoleta, pois a súa aplicación supón unha auténtica discriminación en relación con outras administracións similares. A modificación da Lei de Función Pública de Galicia e bó exemplo, pero hai outros que podemos atopar nas convocatorias de outras Universidades.

A idea de que os servizos prestados teñan un escaso peso na convocatoria, compartímola nunha situación de normalidade de convocatorias. Pero a situación extraordinaria actual, con interinidades de mais de dez anos, requírese dunha consideración extraordinaria, como asimismo prevé o Estatuto básico do empregado público.

Propoñemos a modificación do Convenio Colectivo no que fai referencia ás convocatorias, na que se contemple un incremento do peso da valoración de méritos, que pase do 30% ao 40%, e onde o 35% sexa servizos prestados e o 5% formación. Propoñemos ademais, que se incremente o número de anos para acadar a máxima puntuación por servizos prestados sexa como mínimo de 8, entendendo que é mais xusto e equitativo.

Con esta proposta, cómprese coa normativa vixente, non se prexudica a ninguén e se no futuro se regulariza a situación como sería desexable, pódese modificar en consonancia coa realidade actualizada.

Xa que se van a dilatar unha vez mais os prazos, quizais sería mellor facer as cousas ben.

Comments: Publicar un comentario



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?