jueves, mayo 22, 2008

SECCION SINDICAL DA UDC.
ccoo@udc.es


DIMISIÓN DO COMITÉ DE EMPRESA E RENUNCIA DOS MEMBROS DAS LISTAS.

Como coñecedes todos, o resultado da consulta entre o persoal fixo sobre o acordo de funcionarización, foi o rexeitamento maioritario.

Diante de tal situación, os membros do Comité de empresa presentaron a súa dimisón en pleno.

A dimisión dun membro do Comité, supón a incorporación inmediata do seguinte na lista. Polo tanto para que se podan convocar novas eleccións sindicais, é preciso que preesnten a súa renuncia todos os membros das candidaturas que concurriron no 2007.

A sección sindical de CC.OO. comunicoulles esta situación a todas as persoas que concurriron ás eleccións nas súas listas, informándolles dos seus dereitos e facilitoulles o trámite de renuncia.

En termos relativos, damos por cumprida a nosa obriga de responsabilidade.

UNHA NOVA ETAPA.

Entendemos que se ten que abrir unha nova etapa e que os problemas que nos afectan a todos os traballadores, non se poden esquencer polo feito de que formalmente non haxa Comité de empresa.

As organizacións sindicais que en virtude da Lei orgánica de libertade sindical temos a condición de mais representativas e a responsabilidade que de elo se deriva, temos que seguir traballando, para que a negociación colectiva non se paralice.

Nesta nova etapa, a nosa prioridade está en esforzarnos por facer chegar a todos os traballadores da UDC as nosas propostas e prioridades. Ese é o noso compromiso.

Estamos á vosa disposición no correo. ccoo@udc.es. Responderemos calquera duda ou consulta por escrito, ou contactaremos telefónicamente coa persoa que nolo demande.


Maio de 2008.

Comments:
Apoian os membros de CC.OO. a funcionarización voluntaria?, eu particularmente estou a favor da funcionarización individual e voluntaria, opinan o mesmo os candidatos (Javier, Tona, etc.), Qué teñen que decir ó respeto?
 
Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?