lunes, junio 11, 2007

Publicación do regulamento interno da Xunta de Persoal de PAS da UDC








A Sección Sindical de CC.OO. na UDC valora moi positivamente o texto recentemente aprobado de Regulamento interno da Xunta de Persoal de PAS, iniciativa de CC.OO. e consensuado por todas as forzas sindicais presentes na Xunta de Persoal.

As representantes de CC.OO. puxemos moito empeño para que este regulamento servise para asegurar a transparencia e o funcionamento democrático do órgano, así como impulsar e mellorar as relacións da Xunta de Persoal cos seus representados.

Entre os aspectos mais salientables están:

- Obrigatoriedade de publicación dos acordos da Xunta de Persoal na web da mesma, nun prazo máximo de 3 días desde a ultima reunión.

- Participación simultánea asegurada de dúas organizacións sindicais nos tribunais de oposicións e concursos

- Regulación dos dereitos dos representados: dereito a recibir resposta da Xunta de Persoal ante a denuncia de lesión de dereitos o proposta de iniciativas, dereito a ser informado por calquera dos seus membros, dereito a solicitar a convocatoria extraordinaria da Xunta de Persoal, etc.

- Regulación de funcións dos órganos colexiados e unipersoais que compoñen a Xunta de Persoal (pleno, presidencia, secretaría, comisións de traballo e xunta de voceiros). Recoñecemento do Pleno como órgano soberano, posibilidade de moción de censura, etc.

Texto do regulamento

Etiquetas:


Comments: Publicar un comentario



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?