miércoles, abril 25, 2007

1º de maio. Manifestación unitaria CC.OO. - UGT

SALIDA AS 12.00h DA PRAZA DA PALLOZA


«POLA IGUALDADE. EMPREGO DE CALIDADE»
Por unha orde mundial máis xusta e en paz
O S. N. de CC.OO. de Galicia estamos:

POLOS DEREITOS HUMANOS E A LIBERDADE NO MUNDO
Como parte do movemento sindical internacional, loitamos contra as violacións
dos dereitos laborais sindicais e civís dos pobos.
As CCOO continuamos a reclamar a fin da guerra de Iraq, esixindo a
intervención activa da comunidade internacional para buscar saídas viables e
pacíficas a este e outros conflitos enquistados, como os que afectan aos pobos
saharauí e palestino.

COA CONFEDERACIÓN EUROPEA DE SINDICATOS,
EN DEFENSA DA EUROPA SOCIAL
Dos modelos existentes hoxe, só o europeo ten como principio o benestar social.
Un modelo europeo no que as CCOO, como membro da CES, apostan por
ampliar e defender os dereitos fundamentais dos traballadores e traballadoras e
da cidadanía.
Fronte a aqueles que queren unha Europa onde se reduza cada vez máis a
presenza dos servizos públicos, as CCOO apostamos polo seu afianzamento e
defendemos a Europa social.
Cremos que é necesaria máis democracia para máis Europa.

POLA DEFENSA DA IGUALDADE, DO EMPREGO DE CALIDADE,
DE SALARIOS DIGNOS E DOS SERVIZOS PÚBLICOS
Hoxe, en Galicia e en España, estase a crear emprego pero moitos destes
empregos son precarios: manteñen as desigualdades no mercado de traballo e
unha inxusta redistribución da riqueza xerada.
Fronte a isto, as CCOO cremos que cómpre outro modelo produtivo para
conseguir o emprego estable e de calidade.
Os acordos asinados polas CCOO no estado e en Galicia posibilitan reducir a
taxa de precariedade, actuar eficazmente contra a fraude e os abusos na
contratación, reforzando o control sobre o cumprimento das normas laborais,
loitando contra a sinistralidade e impulsando a contratación.

«POLA PAZ, CONTRA O TERRORISMO»
Rexeitamos calquera forma de terrorismo e estamos a favor do dereito á vida, á
paz e a liberdade

Comments: Publicar un comentario



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?