martes, marzo 27, 2007

Gran avance de CC.OO. nas eleccións sindicais da UDC


Eleccións sindicais UDC marzo 2007

Tras os resultados electorais no conxunto da Universidade (PAS e PDI), CC.OO. pasa de ser unha organización practicamente testemuñal nas pasadas eleccións, á segunda forza sindical na UDC (de 4 a 14 delegados), cun 24 % dos delegados sindicais da Universidade, seguindo a CIG que ten o 31% (18 delegados). En canto as subas porcentuais CC.OO. subiu 14,14%, mentres que a CIG subiu un 1,03% co respecto as eleccións sindicais do 2003.
En canto ós resultados por sectores cabe destacar que CC.OO. convértese na Universidade da Coruña na 2ª forza sindical no novo sector de Persoal Docente e Investigador con contrato laboral con 4 delegados. O Persoal docente funcionario experimentou un destacado avance pasando de 3 a 5 delegados, cunha suba do 9,52%. Igual sucedeu con sector de PAS que tanto no laboral como no funcionario auméntaronse 2 delegados, cunhas subas de 15,38% e 12,99% respectivamente.

A sección sindical de CC.OO. agradece o apoio dos traballadores/as da UDC e reitera o seu compromiso traballo que espera redunde en beneficio tanto de todo o persoal, como do conxunto da Universidade.
Táboas de resultados

Etiquetas:


Comments: Publicar un comentario



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?