jueves, enero 25, 2007

Persoal investigador: CCOO denuncia o incumprimento do convenio do PDI-L

CCOO PROPÓN O RESTO DOS SINDICATOS DENUNCIAR O INCUMPRIMENTO DO CONVENIO ANTE A POSICIÓN DAS UNIVERSIDADES DE NON INCLUIR Ó PERSOAL INVESTIGADOR

O mércores 24 de xaneiro reunese a comisión técnica da paritaria do Convenio Colectivo do PDI laboral do Sistema Universitario Galego. Un dos puntos da orde do dia e a toma de decisións sobre a disposición adicional segunda do convenio colectivo. Sobre este punto as universidades propoñen negociar un acordo fora do convenio colectivo do PDI laboral.

CCOO está en total desacordo ca proposta das Universidades de negociar fora do convenio as condicións de traballo do persoal investigador. Ademais, somos a única forza sindical que inclue neste colectivo, non só ós contratados baixo programas finalistas (Ramón y Cajal,Parga Pondal), etc. senón os contratados por obra e servizo para proxetos de investigación como establece o Art. 48.1 da LOU e outras modalidades de investigadores contrtados presentemente polas universidades.

CCOO, visto o desacordo cas universidades propuxo ó resto das centrais sindicais ter unha posición unificada cara a integrar ó persoal investigador no Convenio Colectivo.

CCOO propón denunciar o incumprimento do convenio por parte das universidades no que respecta a negociación da adicional segunda pola cal xa debian estar reguladas dentro do Convenio ás condicións laborais do persoal investigador a data de 31 de decembro de 2006. A decisión sobre a posibilidade dunha postura unificada de todas as centrais representadas na Comisión Paritaria tomarase o martes 30 de xaneiro nunha reunión dos sindicatos.

En todo caso CCOO mantén con total firmeza o dereito deste persoal a estar incluido no Convenio Colectivo do PDI laboral e non aforrará recursos e esforzos para conseguir este obxetivo.

Comments: Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?