martes, enero 23, 2007

PAS laboral: sinatura do novo convenio colectivo

Universidade da Coruña: asinado o novo convenio colectivo do PAS
O xoves, 18 de xaneiro o rector da Universidade da Coruña, José María Barja, reuníuse co presidente do comité de empresa dos PAS, Manuel Romero Beade, e cos representantes sindicais entre os que estaba CC.OO para asinar o novo convenio laboral, vixente ata decembro de este ano, aínda que existe a posibilidade de prorrogarlo.
As principais novidades que inclue este acordo, que afecta a uns 300 traballadores de 32 categorías diferentes, céntranse nos aspectos social e económico. Así, inténtase conciliar a vida laboral e persoal dos empregados e aumentaráse o soldo dos PAS: nun 10% a aqueles de categorías mais baixas, e nun 6-7%, as mais altas. Tamén fixáronse os criterios que rexirán nos concursos de traslados e nos procesos selectivos.

Comments: Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?