viernes, diciembre 01, 2006

Resumo reunión mesa sindical do PDI

Na primeira xuntanza do 22 do novembro o vicerreitor de profesorado propón a elaboración da Relación de Postos de Traballo (RPT).

CCOO, que tíñamos solicitado en varias ocasións ao vicerreitor de profesorado a elaboración da RPT como cumprimento da obriga (art. 70 da LOU), manifestamos nesta reunión a nosa satisfacción polo interese na elaboración da RPT aínda que sexa con bastante retraso.
CCOO tamén manifestamos a nosa desconformidade polo feito de ter recibida, como é habitual, a documentación, con menos de 24 horas de antelación.
Neste documento, o vicerreitor expón as liñas xerais da elaboración da RPT de persoal Docente e Investigador da UDC. O vicerreitor propón nunha primeira etapa, elaborar una RPT baseada no POD actual e nos criterios de carga docente usados ata agora na UDC, para ser aprobada no Consello de Goberno do mes de Decembro.

CCOO manifestamos a nosa desconformidade en parte co documento presentado no que non se contempla a negociación dos órganos de representación dos traballadores na modificación da RPT. Ademais sinalamos que o prazo para negociar a primeira RPT e os criterios de modificación da mesma e demasiado curto.

Froito da urxencia manifestada polo vicerreitor e, para chegar a un consenso, acordamos como obxectivo alcanzar para este ano unicamente facer unha foto fixa dos postos de traballo existentes neste momento e uns criterios que no podemos entrar a revisalos se non que se deben aceptar os que se utilizaron para a realización do último P.O.D.

Nesta reunión CCOO, en contra do criterio do vicerritor, propón que as prazas vacantes aparezan na RPT, o que é aceptado.CCOO tamén propón que a modificación da RPT sexa negociada cos representantes legais dos traballadores e tamén é aceptado.

Damos o noso apoio ao consenso logrado, cao aceptación das diferentes propostas, pois valoramos que é mellor ter unha RPT que nada como ata de agora, pero sentimos que para ser a primeira vez que se fai, non se empece co tempo adecuado para ter feito un traballo máis a fondo.
Para seguir avanzando nestes obxectivos CCOO pide ao vicerreitor a constitución formal dunha mesa de negociación, conforme a dereito, onde xa con menos presa se revise tanto a RPT que agora se faga, como que se estuden ben todos os criterios de modificación e a aplicación dos mesmos á hora de negociala.

CCOO Unversidade da Coruña
Mª Luisa Sánchez Simón

Comments: Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?