jueves, diciembre 28, 2006

Persoal Investigador: desenvolvemento da Disposición Adicional Segunda do Convenio Colectivo do PDI

CCOO INFORMA

Desde a sinatura do Convenio Colectivo do PDI laboral do Sistema Universitario Galego CCOO veu demandando a constitución da Comisión Paritaria para a negociación do desenvolvemento da Disposición Adicional Segunda do Convenio que establece que na sua primeira reunión se determinarán as disposicións do Convenio que sexan aplicables ao persoal investigador tendo en conta as modalidades deste e que entrarán en vigor antes do 31 de decembro do 2006.
O pasado 17 de novembro deidiuse formar unha comisión de traballo máis reducida con representantes de todas as partes. Esta comisión reuniuse o pasado 23 de de novembro con ausencia de CIG cunha prórroga da mesma reunión para o 15 de decembro, ésta última con ausencia de CCOO, con que en nengunha destas xuntanzas estivo representada na sua totalidade a parte social. Nesta última xuntanza os representantes alí presentes decidiron facer unha nova convocatoria para o mes de Xaneiro.

Desde CCOO discrepamos deste aprazamento do que non hai nengunha razón obxectiva, porque supón un incumprimento do establecido en tal adicional polo que enviamos un escrito con data de 18 de decembro ó Vicerrectorado da UDC en calidade de presidente da Comisión instando ás partes a establecer un calendario de reunións que permitise rematar a negociación das condicións laborais do persoal investigador con anterioridade a data límite establecida no Convenio.

Polo que reiteramos a necesidade de dar cumprimento o establecido na adicional segunda do Convenio e instamos ás partes a resolver esta cuestión con anterioridade a data límite do 31 de decembro.


En Santiago, a 20 de decembro de 2006.

Comments: Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?