martes, diciembre 19, 2006

PAS Funcionario: valoración da negociación das cuestións retributivas

Desde a Sección sindical de CC.OO da UDC, valoramos moi positivamente o acordo acadado na última xuntanza coa Xerencia na que se estableceron as retribucións para 2007 do persoal funcionario. O resultado desta negociación implica que se nos aplicará o Acordo de Función Pública do Estado (2% do IPC e 33% de incremento nas dúas pagas extras) e o Acordo da Xunta (os incrementos no complemento específico).

Todos os sindicatos presentes na Xunta de Persoal fomos coincidentes nesta cuestión. Nas outras universidades galegas estase chegando a acordos similares (Acordo da Universidade de Vigo)

Tamén consideramos moi positivo o complemento acadado para o persoal interino (complemento por anos traballados na Universidade), para paliar unha situación de discriminación de xeito transitorio, xa que coa aprobación do Estatuto do Básico os interinos xa terán recoñecido por lei este dereito, reivindicación histórica do noso sindicato.

Pero quedan moitas cousas por mellorar, entre outras:
-resolución dos procesos pendentes,
-productividade.
-control de ausencias.
-gratificacións.
-bases estables e públicas para concursos de méritos aprobadas por Consello de Goberno, etc.

Por todas elas temos que seguir traballando, o mesmo que pola transparencia na xestión, pola igualdade de trato para todos, e polo respecto da normativa vixente.

Que teñades un bo Nadal
Sección sindical de CC.OO. na UDC

Comments: Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?