lunes, noviembre 27, 2006

PAS: Valoración da nova instrucción de vacacións, permisos e licenzas







O pasado venres, 23 de novembro, saliu publicada a nova Instrucción que regula a xornada, horario de traballo, vacacións e concesións de permisos e licenzas do PAS da UDC, que valoramos moi positivamente, pois nela recóllense as medidas máis importantes do Plan Concilia (Plan integral para a conciliación da vida persoal e laboral da Administración Xeral do Estado), que fan efectiva a conciliación das responsabilidades profesionais coa vida persoal e familiar. Algúns dereitos tan salientables como:

- Dereito de flexibilización da xornada ata dúas horas para o persoal con fillos menores de 12 anos ou familiares dependentes

- Dereito á acumulación da permiso de lactancia a baixa maternal (catro semanas)

- Ampliación dos supostos de dereito de reducción de xornada a fillos menores de 12 anos ou minusválidos e familiares dependentes, así como en casos de recuperación de enfermidade ou interese particular.

- Dereito a 50% de reducción de xornada retribuida por coidado dun familiar de primeiro grao por enfermidade moi grave.
- Dereito a ausentarse dúas horas do traballo en caso de ter un fillo prematuro hospitalizado.
Tamén valoramos positivamente outras melloras, especialmente que se igualen os días de asuntos propios para os dous colectivos, funcionarios e laborais, así como o aumento dos días nos permisos mais tradicionais.

Desde a Sección Sindical de CC.OO. na UDC non regateamos esforzos para que esto fose posible, sendo o primeiro sindicato que plantexamos na Xunta de Persoal a necesidade de incorporar de xeito inmediato estes dereitos. Presentamos unha proposta xa no mes de abril co fin de impulsar o tema e defendimos insistentemente nas negociacións a importacia de que todas estas medidas deberían ser recollidas na nova intrucción sen cortapisas.

CC.OO., desde a independencia de calquera poder político, seguirá a traballar na defensa dos intereses de todo o persoal ao servizo da Universidade. É o noso dereito, e sobre todo, o voso.

Etiquetas:


Comments: Publicar un comentario



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?