viernes, noviembre 10, 2006

PAS Funcionario: asuntos pendentes

Manifestamos a nosa inquietude ao Presidente da Xunta de Persoal sobre os asuntos que temos pendentes e dos que aínda non temos noticia:

-A instrucción de vacacións e licencias.

A negociación estaba practicamente rematada ¿aceptaronse por parte da Xerencia os dez días de asuntos propios para o persoal funcionario que reclamamos todos? ¿e o permiso de reducción retribuida de xornada en caso de enfermidade dun familiar de primeiro grao?
Non entendemos a demora neste asunto, pois nesta instrución recóllense dereitos (plan concilia)que mellorarán de xeito importante a calidade de vida do persoal.

- A cuestión retributiva.

Na última Xunta de Persoal fíxose unha proposta concreta dun complemento liñal compensatorio. ¿cando se vai levar a cabo a negociación?
Penso que se hai vontade de facelo ten que ser xa.
Ver acordos Xunta de Persoal do 11-10-2006

-A produtividade

Nós maniféstamonos en contra de que se utilice o complemento de produtividade como un mecanismo de control do absentismo laboral. Se realmente hai ese problema queremos ter os datos que xustifiquen que unicamente sobre o persoal funcionario se aplique unha redución en un complemento por motivos tales como: días de enfermidade, permisos relacionados coa conciliación, coa formación,etc.

Todo isto a través de un parte que cubren os responsables das unidades y que non reune ningunha garantía para o traballador.

Fixemos unha proposta sobre esto na Xunta de Persoal da que ainda non sabemos nada.
Ver acordos Xunta de Persoal do 11-10-2006

Comments: Publicar un comentario



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?