jueves, noviembre 23, 2006

Comisión partaria convenio PDI

O 17 de novembro, ás 13:15 quedou definitivamente constituída a Comisión Paritaria. Esta Comisión terá como funcións principais facer un seguimento e velar polo cumprimento do Convenio Colectivo do PDI das tres Universidades.

Nesta primeira reunión acordouse:

1. A constitución dunha masa técnica de traballo para axilizar os dous temas que teñen mais presa por resolverse: a aplicación ó persoal investigador da adicional segunda do Convenio Colectivo (ten que estar acordada antes do 31 de Decembro deste ano) e diferentes cuestións salariais que teñen que resolverse antes de rematar o mes.

2. A elaboración dun calendario, cunha primeira xuntanza o vindeiro Xoves 23 ás 17:00 horas, no que se comecen a tratar temas como: as diferentes disposicións adicionais aplicable ó persoal investigador, a definición do persoal investigador, seguimento do Convenio, acceso persoal Capítulo 6, aplicación de réxime de permisos, vacacións e licencias, etc.

Desde CC.OO. na xuntanza de hoxe adiantamos unha serie de temas que entendemos debense abordar na negociación da citada adicional 2 do convenio como son: a definición dos tipos de persoal investigador, acceso do persoal acollido ó Capítulo VI, estabilización do persoal investigador, e aplicación do réxime de permisos vacacions e licencias, entre outros aspectos os permisos de maternidade.

Comments: Publicar un comentario



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?