martes, noviembre 07, 2006

Comisión Paritaria do Convenio Colectivo do PDI

A F.E. DE CC.OO. INSTA A CONSTITUÍR A COMISIÓN
PARITARIA DO CONVENIO COLECTIVO DO PDI LABORAL DO SUG

A Federación de Ensino de CC.OO. insta a que na
maior brevidade posible se constitúa a comisión
paritaria do Convenio Colectivo do PDI laboral
do SUG pola que insta ás partes lexitimadas no
Convenio Colectivo a constituír de inmediato a
Comisión Paritaria do Convenio.

Hoxe, día 3 de novembro a Secretaria Xeral da
Federación de Ensino de CC.OO. de Galicia Rosario
Alonso remitiu escrito instando as partes
lexitimadas de negociación ó abeiro do
establecido no Artigo 1º do Convenio do PDI
laboral do Sistema Universitario de Galicia, a
saber, Rectores das Universidades de A Coruña,
Santiago de Compostela e Vigo e as centrais
sindicais CIG, FETE-UGT e CSI-CSIF para
constituír a Comisión Paritaria.

O pasado 27 de outubro de 2006 publicouse no DOG
este I Convenio Colectivo, que no seu artigo 8º
establece que se constituirá unha comisión
paritaria para o seguimento e interpretación do
mesmo e para velar para a súa correcta
aplicación. No artigo 8.2 establece que
corresponderá á comisión negociadora do convenio
colectivo do persoal docente e investigador
contratado constituírse como comisión
paritaria no prazo máximo dun mes contado desde
o seguinte á súa entrada en vigor .

Asemade, quedou pendente de negociación entre
outras o desenvolvemento da adicional segunda
onde se determinará as disposicións do convenio
que sexan aplicables ao persoal investigador
tendo en conta as modalidades deste e que deben
entrar en vigor antes do 31 de decembro do 2006,
así como faise necesario un seguimento para unha
correcta aplicación do dereito retributivo que
por antigüidade ven establecido no artigo 18º
referido a trienios a percibir desde xaneiro de 2006.

Por todo elo, ínstase a todas as partes á
constitución inmediata da Comisión Paritaria
emprazando para poñernos de acordo e establecer
unha reunión de constitución e un calendario de negociación.

Por outra banda, esta semana saíu publicada a 2ª
convocatoria de complementos básicos do Decreto
55/2004 que foi unha das demandas de CC.OO., non
obstante aínda saudando a publicación desta
segunda convocatoria entendemos que debería
quitarse a principios do ano 2007 para que un
maior número de profesores se puidera beneficiar da mesma.

CCOO Universidade

Comments: Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?