lunes, noviembre 20, 2006

CC.OO. INFORMA

CC.OO. INFORMA:

En CC.OO. pensamos que temos a obriga moral de defender os intereses dos asalariados na Universidade da Coruña como noutros eidos.
A mellor aportación que podemos facer, é comunicar as nosas conviccións e principios para quén queira compartilos. Consideramos natural dirixirnos ao presidente da Xunta de Persoal para facerlle participe das nosas inquedanzas, polo cargo que detenta, independentemente da súa afiliación sindical.
Por outra banda estamos seguros de que a mellor defensa dos asalariados, faise desde posicións de acordo e de consenso entre as organizacións sindicais.O acordo entre organizacións só é posible se temos vontade de procuralo, recoñecemos a lexitimidade dos demais e nos esforzamos en comprender e integrar posturas diversas.
Pero cando ao exercicio da libertade se lle alcuma como ataque, quizais o que se tenta dicir é que calquera cousa que non estea dacordo co que se pensa, será considerado agresión. Non adoitamos formas irrespetuosas nin agresivas con ninguén; pero reivindicamos o exercicio da libre expresión e de libre pensamento, porque nos parece consustancial coa condición de persoas.
Seguiremos traballando por unha Universidade mellor donde a libertade respetuosa, sexa respetada e onde defender posturas diversas non sexa motivo de anatema permanente.

Comments: Publicar un comentario



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?