lunes, noviembre 06, 2006

ASUNTOS PERSOAL LABORAL UDC

INFORMACIÓN PARA PERSONAL LABORAL


1.- Concurso de traslados.

O Comité de empresa xa recibiu un borrador das bases do concurso de traslados de persoal laboral.

Non ten moito que debater, salvo a corrección dalgúns erros no anexo de vacantes, e mais o relativo ás vacantes de informática, onde aparecen distribuidas por areas, concretando (ou corrixindo según se queira entender, o que aparece na RPT.

De momento non se coñecen prazos para a súa posta en práctica.

2.- Funcionarización.

Para a comisión de estudo que se vai encargar de definir o proceso, a xerencia pidiulle ó Comité que designase as persoas que o van a representar.

No seu dia, os de CC.OO. propuxemos que a comisión se constituira por representación das organizacións sindicais, proposta que foi rexeitada. A constitución da dita comisión, é por representación de Comité de empresa e Xunta de persoal funcionario de administración e servizos.

CC.OO. fará chegar as súas propostas á xerencia, e en todo caso faraas públicas cando sexa oportuno.

Comments: Publicar un comentario



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?