lunes, octubre 30, 2006

Publicación do Convenio Colectivo do PDI

Publicado o Convenio Colectivo do PDI Laboral das Universidades de Galicia.

DOG do 27/10/2006.

Desde a mesma data de sinatura do acordo, CC.OO. leva esixindo diante de tódalas instancias que se acelerase a publicación de este convenio. O pasado luns día 23 de Outubro, na reunión previa á constitución da mesa sectorial deUniversidades, trasladamos esta esixencia ao representante da Xunta de Galicia, así como ás tres Universidades.

CC.OO. quere manifestar a súa satisfacción porque por primeira vez se pon en marcha un Convenio de ámbito autonómico que regulariza as condicións laborais e económicas do PDI laboral das Universidades galegas. Neste sentido, recóllense aspectos que supoñen un claro avance das condicións laborais do persoal docente con contrato laboral.

Noutro orde de cousas temos nos locais das nosas seccións sindicais a vosa disposición formularios de solicitude do cobro dos trienios así como modelos de reclamación para aqueles colectivos e tramos que non se ven beneficiados polo establecido no Convenio Colectivo.

Comments: Publicar un comentario



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?